CAMPAÑA DIA DO PAI 2026
A Asociación de Empresarios de Ribeira pon en marcha este xoves 5 de marzo a súa campaña do Día do Pai, que durará ata o 19 de marzo, co obxectivo de fomentar as compras no comercio local e premiar a fidelidade dos clientes.
Sortearanse 1.000 euros para gastar nun só día nos establecementos participantes.
Para participar, os clientes deberán realizar as súas compras nos establecementos adheridos e escanear o código QR dispoñible na cartelería da campaña. Tamén poderán facelo directamente a través da páxina web da asociación, www.empresariosriveira.com, onde deberán subir unha foto do ticket ou os tickets de compra.
Cada compra realizada durante o período da campaña poderá converterse nunha oportunidade para gañar os 1.000 euros, que deberá gastarse nun día nos comercios participantes.
A campaña está cofinanciada pola Xunta de Galicia Comercio Galego.