BLACK FRIDAY 2025




Black Friday:

Actividade cofinanciada pola Xunta de Galicia.

BASES SORTEO “CAMPAÑA BLACK FRIDAY 2025”.

1.-OBXETO E PARTICIPACIÓN

A ASOCIACION DE EMPRESARIOS DE RIBEIRA pon en marcha un sorteo dirixido a tódolos clientes que merquen e consumen nos establecementos asociados. Os participantes neste sorteo deben ser maiores de idade, sendo a súa participación gratuita e sen contraprestación algunha. O obxectivo fundamental da campaña é incrementar as vendas e incentivar o consumo no pequeno comercio retallista  de Ribeira.

2.-DURACION E ÁMBITO

A promoción realizarase entre as compras e consumicións feitas os días 28 e 29 de novembro de 2025. A forma de participar será mercando e consumindo en calquer establecemento socio.

O sorteo realizarase o luns 1 de decembro de 2025 ás 10:00h no local da Asociación de Empresarios.

Esta mecánica pode ser modificada a criterio da Directiva a AER en calquer momento.

3.- DINÁMICA E FUNCIONAMENTO

Nesta campaña poderán  participar tódolos consumidores maiores de idade, que se rexistren a tal efecto seguindo as indicacións detalladas seguidamente neste apartado, e que realicen unha compra ou consumición por calquera importe nos establecementos participantes nesta campaña, sempre e cando a compra se realice durante as datas de duración da campaña. Isto é, do 28 ao 29 de novembro de 2025.

Os participantes deberán en todo caso conservar o ticket da compra ou consumición realizada, a fin de dispoñer dun xustificante.

A forma de participar será a seguinte:

  1. O consumidor/cliente poderá rexistrarse para participar nesta campaña na pestaña “Sorteos” na web da Asociación de Empresarios de Ribeira www.empresariosriveria.com ,  efectuando o correspondente rexistro da compra ou consumición realizada, que lle dará dereito a unha participación no sorteo. No rexistro deberá quedar perfectamente identificada a operación de compra/consumición realizada e o cliente ou consumidor. So poderán facer un rexistro por operación de compra/consumición, e cada operación rexistrada, equivale a unha participación. Cantas máis compras/ consumicións fagan nos establecementos participantes, máis participacións poderán obter e máis posibilidades de gañar.

 

  1. Sortearanse 500€ en vales de compra, entre todas compras e consumións realizadas nos días 28 e 29 de novembro de 2025

 

  1. Se a organización detectase calquer intento de duplicidade de rexistros de tickets, ou outro intento de fraude nos rexistros de participacións para o sorteo, quedarían anulados para este sorteo o rexistro dos tickets e a posibilidade a criterio da organización de non poder participar a persoa identificada no rexistro en futuros sorteos da Asociación de empresarios.

A realización do sorteo terá lugar de xeito telemático mediante un código programado que elexirá aleatoriamente aos agraciados de entre tódolos participantes, ata conseguir os nove gañadores dos vales, un vale 100€ e oito vales de 50€.

O consumidor/cliente/usuario rexistrado na campaña, poderá optar aos premios con varias participacións se é o caso, pero unha vez sea agraciado cun premio, xa non poderá optar a ningun máis na mesma edición, podendo obter polo tanto cada consumidor un único premio.

Así mesmo, nesta campaña só poderá saír un premio por establecemento participante.  Isto é, que no caso de que un establecemento comercial reparta un premio, e de novo resultase agraciado nesta campaña un novo cliente dese mesmo establecemento con outro ticket de compra realizada neste mesmo comercio; neste caso, volverase sortear o premio, de tal forma que se distribúan os premios máis equitativamente, e déanse así máis oportunidades, para que lle toque o premio ao máximo número de establecementos posibles.

3.-PREMIO

Os premios serán oito vales de compra de 50€ e un vale de compra de 100€ para gastar nos establecementos comerciais e hostaleiros socios. O importe do premio debe ser gastado nos establecementos asociados como data límite o 30 de decembro  de 2025.

4.-ACEPTACIÓN

A participación no sorteo conleva a expresa aceptación e sometimento ás Bases do mesmo, así como a autorización para publicar o nome dos gañadores e fotos na páxina web da AER, redes sociais, e medios de prensa escrita local, nacional e internacional sin que elo conleve compensación económica algunha a favor dos agraciados.

Non obstante ó anterior, os interesados poderán en calquera momento, exercitar os dereitos de acceso, rectificación, oposición e no seu caso, cancelación, previstos na LO 15/1999 do 13 de decembro, de Protección de Datos de carácter persoal, mediante comunicación escrita, cos seus datos, dirixida a Asociación de Empresarios de Riveira, Rosalía de Castro, 13 15960 Riveira.

AER resérvase o dereito exclusivo de modificar, reemplazar, complementar e/ou rectificar as presentes bases, que serán publicadas.