|
Historia
A Asociación de Empresarios, Comerciantes e Traballadores Autónomos de Riveira, constitúese no mes de
novembro de 1.979 como consecuencia da necesidade advertida por un grupo de empresarios da localidade,
pertencentes a moi diversos sectores, de formar unha entidade con persoalidade xurídica propia cuxo obxetivo
fose a defensa dos intereses comúns dos asociados ante os distintos organismos públicos e privados,
así como a promoción da formación e información aos seus membros sobre aqueles aspectos de indubidable importancia para a súa actividade.
Dende aquela, moitos foron os proxectos realizados e impulsados por esta Asociación e, dunha ou outra forma,
sempre estiveron presentes en cantas accións de progreso e desenvolvemento se executaron no seu ámbito territorial polos distintos organismos públicos e privados defendendo, promocionando, impulsando e velando, en todo caso, polos intereses
dos empresarios, comerciantes e traballadores autónomos de Riveira.

Actualmente, a Asociación de Empresarios de Riveira, constitúe a representación máis fiel do empresario do noso municipio
e aglutina no seu seo a 410 asociados de practicamente todas as actividades económicas que se desenvolvan no seu ámbito territorial,
destacando de modo especial as adicadas ao sector comercial, construción, pesca e a transformación dos produtos do mar
(frigoríficos, conserveiras, produtos conxelados e precociñados, hostelaría,...)
Seguinte >>
|