Esta sección permite aos socios publicar ofertas de emprego da súa empresa. Así,
calquera persoa que cumpla os requisitos da oferta, pode acceder á mesma, a través dun
sinxelo formulario que será enviado á Asociación. A Asociación irá remitindo as
distintas solicitudes á empresa, actuando como intermediaria entre ambas partes.
Posteriormente, estará en mans da empresa o poñerse en contacto cos distintos candidatos/as.
¿Como publicar unha oferta de emprego? (só socios)
Para publicar unha oferta é necesario cubrir un formulario
que será recibido na Asociación antes da publicación. Outra forma de facelo é
contactar coa Asociación directamente.
¿Como inscribirse nunha oferta?
Consulte a lista de ofertas actuais, acceda á oferta
ou ofertas que lle interese (n) e diríxase á sección de inscricións.